Os Trasnos de Doade: herdeiras dunha tradición

Rafael Quintía

Documental etnográfico sobre a historia e traxectoria do grupo de música tradicional galega Os Trasnos de Doade e a tradición musical da parroquia de Doade. Un documental de AB ORIGINE. Antropoloxía, Produción e Xestión Cultural SLL coa colaboración do Museo Etnográfico Casa do Patrón e a Asociación Etnográfica de Codeseda e financiado pola Deputación de Pontevedra

FICHA ARTÍSTICA/TÉCNICA:

TÍTULO: Os Trasnos de Doade: herdeiras dunha tradición

TIPO: Documental

XÉNERO: Etnografía e etnomusicoloxía

DIRECCIÓN E GUIÓN: Rafael Quintía

REALIZACIÓN E EDICIÓN: Yosune Duo

PRODUCIÓN: AB ORIGINE. Antropoloxía, Produción e Xestión Cultural SLL

COLABORAN: Museo Etnográfico Casa do Patrón, Asociación Etnográfica de Codeseda e financiado pola Deputación de Pontevedra

ANO: 2023

DURACIÓN: 34 minutos prox.

ORIXE: Galicia

IDIOMA V. O.: Galego