“A Boreada das Mázcaras. Estudo histórico e antropolóxico dos Entroidos tradicionais de Xermade” é unha completa análise dos entroidos tradicionais deste concello da Terra Chá. O seu autor, o antropólogo Rafael Quintía Pereira, dedicou anos de investigación sobre o propio terreo para reunir os datos contidos nesta obra, analizando en profundidade a orixe e evolución dos ritos, personaxes e estruturas destes entroidos tradicionais chairegos. O presente traballo foi galardoado co “Premio de Investigación Xermade na Historia” 2019.
Título: A Boreada das Mázcaras. Estudo histórico e antropolóxico dos Entroidos tradicionais de Xermade
Autor: Rafael Quintía
Editorial: Ab Origine Edicións
Idioma: Galego
Impresión: Cor
Tamaño: 23×16
Prezo: 20 €
234 páxinas
Ano: 2024
I.S.B.N 978-84-129111-1-4
Outros idiomas: ES