Graduado Social, Investigador Social, escritor e formado en Antropoloxía Social e Cultural, Etnografía, Patrimonio Inmaterial e Etnoarqueoloxía.
É membro da Sociedade Antropolóxica Galega, do Colectivo Lusófono Internacional O Mundo Fala Galego e do Movemento Cultural Ourensán Nós a Xente do Redor. Estudoso e divulgador da historia, do patrimonio e da cultura de Galiza, centrando o seu traballo de investigación na etnografía, con especial referencia ao entroido e ás tradicións do patrimonio inmaterial. Neste eido ten publicados traballos en anuarios e revistas especializadas como Revista Entroido en Galicia, Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza, Ferrol Análisis, Mazarelos, Saudade, Cadernos da SAGA, Xurdimento, Lúa Nova, Romaría Etnográfica Raigame e Nós a Xente do Redor. É colaborador do xornal O Sil e fundador da revista O Estatuto na USC e membro dun equipo de investigación etno-histórica en colaboración coa Universidade de Vigo.
Gañador do XXIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2019), coa monografía Festividades de Inverno na provincia de Ourense: máscaras, personaxes e rituais. É autor de Ilustres e coautor de Achegas ao Patrimonio Inmaterial Galego. Foi condecorado coa Androlla de Ouro polo Concello de Viana do Bolo, en recoñecemento pola posta en valor do entroido local.
Publicou connosco:
Outros idiomas: ES