Neste traballo de investigación etnográfica o autor achega a presenza das representacións animais no folclore do entroido nas catro provincias galegas. Un estudo descritivo no que se catalogan e se dá conta da estática das mesmas, da súa simboloxía, das referencias históricas e mitolóxicas que as preceden e tamén dalgunhas lendas que estes animais levan asociadas.
A festa do Entroido é unha gran manifestación identitaria que conta cun especial arraigo entre a comunidade, na que se desenrolan ritos transmitidos de xeración en xeración. Algúns dos protagonistas son os animais aquí debullados que, convertidos en máscaras oficiadas polos actores da festa, alcanzan unha gran relevancia no ciclo. Noutros casos son as propias bestas as que irrompen na escena entre a veneración dos asistentes. Todos eles son estudados polo miúdo como elementos individuais e tamén como membros dos colectivos dos que forman parte.
Vacas, touros, galos, formigas, carneiros, cervos, osos, mulas, cabalos e outros moitos, quizais sexan vistos doutro xeito polo lector, despois de ler este libro.
Título: O animalario do Entroido. Mito e tradición
Autor: Carlos X. Ares Pérez
Editorial: Ab Origine Edicións
Idioma: Galego
Impresión: branco e negro
Tamaño: 21×15
Prezo: 20 €
170 páxinas
Ano: 2024
I.S.B.N. 978-84-125410-5-2
Outros idiomas: ES