Miguel Ángel Fernández Álvarez
Co gallo da miña visita a Groenlandia no ano 2017, fago un completo repaso polos valores máis recoñecibles da antiga cultura inuit (as súas crenzas e rica tradición oral, a súa exclusiva cultura material, idioma, valores sociais…). Noutra parte do libro o protagonismo é para a miña experiencia traballando na illa cunha empresa de aventuras española e, sobre todo, para as dúas marabillosas viaxes en kaiak pola inhóspita costa groenlandesa.
O contido do libro complétase con capítulos sobre a figura de Knud Rasmussen, o Arctic Circle Trail, consellos para viaxar polo país, o futuro da illa… Especial relevancia doulle ao capítulo dedicado ao cambio climático, principal ameaza que se cingue sobre esta extraordinaria illa.
Título: Arctic Fever. Unha viaxe á natureza de Groenlandia e ás raíces culturais do pobo Inuit
Autor: Miguel Ángel Fernández Álvarez
Editorial: Ab Origine Edicións
Impresión: branco e negro con apéndice a cor
Tamaño: 23×16
Prezo: 25€
296 páxinas
Ano: 2019
I.S.B.N. 978-84-947844-4-6
Outros idiomas: ES