Neste traballo, eminentemente didáctico e visual, o antropólogo Rafael Quintía fai un percorrido pola estrutura do Entroido, as súas funcións, os seus elementos constituíntes e os seus posibles significados. Así mesmo, abórdase de forma concisa e clara a explicación dos ritos máis salientables do Entroido así como a descrición das funcións e dos significados simbólicos dos principais oficiantes responsables da execución do Entroido en Galicia. Presentamos, pois, unha proposta interpretativa para descifrar a esencia da festa ritual máis significativa, complexa e rica do ciclo festivo ritual galego.
Título: Descifrando o Entroido. Manual básico para entender
o Entroido galego
Autor texto: Rafael Quintía Pereira
Fotografías: Rafael Quintía Pereira
Editorial: Ab Origine Edicións
Idioma: Galego
Impresión: cor
Tamaño: 21×21
Prezo: 18 €
90 páxinas
Ano: 2024
I.S.B.N. 978-84-125410-6-9