Carlos Xabier Ares Pérez

Graduado Social, Investigador Social, escritor e formado en Antropoloxía Social e Cultural, Etnografía, Patrimonio Inmaterial e Etnoarqueoloxía.
Membro da Sociedade Antropolóxica Galega, do Padroado da Fundación Carlos Casares e do Movemento Cultural Ourensán Nós a Xente do Redor. Estudoso e divulgador da historia, do patrimonio e da cultura galega. Centra o seu traballo de investigación na etnografía, con especial referencia ás tradicións do patrimonio inmaterial. Neste eido ten publicados diversos traballos e preto dun cento de artigos en anuarios e revistas especializadas, así como realizado diferentes relatorios e colaboracións en programas de TV e radio, tanto locais como internacionais. Colaborador habitual do xornal O Sil, fundador da revista O Estatuto na USC e membro dun equipo de investigación etno-histórica en colaboración coa Universidade de Vigo.
Gañador do XXIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2019), coa monografía Festividades de Inverno na provincia de Ourense: máscaras, personaxes e rituais e 2º Premio do Concurso Literario de Relatos do Mercado Medieval de Veigamuiños (2015) coa obra María, a moza que foi cinsenta. Condecorado coa Androlla de Ouro polo Concello de Viana do Bolo (2010), en recoñecemento pola posta en valor do entroido local.
Autor do libro de historia de Viana do Bolo Ilustres (2014), do caderno da Sociedade Antropolóxica Galega Apegotes, burros e trangalladas. Ritos de escarnio e mofa na tradición galega (2021), da guía Personaxes e Gastronomía do Entroido Vianés (2011). Autor da monografía O animalario do entroido galego. Mito e tradición (2023) e coautor do libro Achegas ao Patrimonio Inmaterial Galego (2018).

Publicou connosco:

Outros idiomas: ES