Rafael Quintía

Rafael Quintía Pereira é antropólogo, economista, escritor e director de documentais. Investigador, formador e divulgador nos campos da antropoloxía e da historia de Galicia. As súas liñas de investigación céntranse, fundamentalmente, no patrimonio inmaterial. Os resultados do seu traballo de investigación nos eidos da antropoloxía e da historia víronse reflectidos na publicación de 30 libros, na realización de 9 documentais e en múltiples artigos e colaboracións. O seu labor investigador foi galardoado con cinco premios de investigación e ensaio: Premio de Investigación Xermade na Historia (2019), Premio Ferro Couselo de Investigación (2017), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio (2016), Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2015) e Premio de investigación Luís Cuadrado (2010). É xerente da empresa Ab Origine. Antropoloxía, Produción e Xestión cultural, onde traballa como antropólogo profesional combinando este labor co de profesor titor de antropoloxía na UNED. Leva dende o ano 1990 vencellado ao mundo do asociacionismo e do activismo sociocultural. É presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), membro do Observatorio Internacional de Cátedra UNESCO da Universitat de València (Comité de Europa) e membro da Asociación galega de Antropoloxía Social e Cultural.

Publicou connosco

Outros idiomas: ES