“Un anticonto é un novo xénero literario, ata agora non recoñecido, pero todo andarase que non se tomou Zamora nunha hora. O anticonto vén sendo a antítese do conto, concibido este como unha ficción destinada aos pícaros, positiva, esperanzadora e cun final feliz.
Xa tiñamos un conto. Agora debería aparecer en escena a outra faceta que compoñe a miña traxectoria como autor: o cronista. Por que como non ía dar a miña versión do acaecido a un país que ía coma unha frecha e, sen mediar guerra, peste ou catástrofe natural de proporcións cósmicas, descendeu aos infernos da impudicia nunha crise nunca antes experimentada?”
A partir destas palabras Buenaventura Aparicio Casado disecciona a realidade máis actual a través dun formato non moi común nos nosos tempos. Unha dobre reflexión, na que un conto clásico se mostra e se mira no espello dos ollos contemporáneos a través da prosa valorativa e didáctica deste investigador e escritor galego.
Título: O anticonto da pedra do cervo. O que a fada e o cervo calaron por ser politicamente incorrecto
Autor: Buenaventura Aparicio Casado
Editorial: Ab Origine Edicións
Impresión: branco e negro
Tamaño: 23×16
Prezo: 18€
156 páxinas
Ano: 2018
I.S.B.N. 978-84-947844-1-5
Outros idiomas: ES