
Buenaventura Aparicio Casado é mestre e doutor en Historia. A súa tese doutoral versou sobre “El folklore en los yacimientos arqueológicos de Galicia”. Foi profesor do IES “Chan do Monte” de Marín e profesor-tutor da Facultade de Xeografía e Historia da UNED en Pontevedra ata a súa xubilación. Fundou e coordina o Grupo de Investigación “A Laxe da Irena” de Ponte Caldelas. Articulista e conferenciante, impartiu cursos para profesores e participou en diversos congresos. Ten publicado máis de cento corenta traballos –entre eles catorce libros- sobre temas de Arqueoloxía e de Antropoloxía Cultural. A súa liña de investigación céntrase sobre a tradición oral e a etnoarqueoloxía dos gravados rupestres galegos. É socio honorífico da Sociedade Antropolóxica Galega.
Publicou connosco:
- Lo que no vimos en los petroglifos gallegos. Nuevas lecturas desde la perspectiva antropológica y etnográfica
- O anticonto da pedra do cervo
- Segredos ao descuberto
- Etram e Ailux na Terra dos Mortos
Outros idiomas: ES