Patrimonio etnográfico de Cerponzóns

O presente libro é o resultado dun traballo de investigación antropolóxica ao redor do patrimonio etnográfico da parroquia pontevedresa de Cerponzóns. Nesta obra inventaríanse e descríbense os

diferentes bens e elementos de interese cultural que configuran o patrimonio etnográfico de Cerponzóns. Cruceiros, muíños, hórreos, fontes e lavadoiros, pombais, pontes e pontellas ou edificios senlleiros, entre outros, forman parte deste completo inventario patrimonial promovido pola Asociación de Veciños O Chedeiro, realizado e escrito polo antropólogo Rafael Quintía en colaboración con Juan José Esperón e financiado pola Concellería de Educación do Concello de Pontevedra.

Título: Patrimonio etnográfico de Cerponzóns

Autor: Rafael Quintía e Juan José Esperón

Editorial: Ab Origine Edicións

Idioma: Galego

Impresión: Cor

Tamaño: 23×16

Prezo: 25 €

216 páxinas

Ano: 2022

I.S.B.N 978-84-125410-1-4

Outros idiomas: ES