Eulogio Rosales Galiñanes, nacido en Raxó, Pontevedra, no 1959. É un investigador gráfico que imparte docencia en institutos de educación secundaria de España dende hai máis de 40 anos. Conta con experiencia profesional na fabricación do papel, composición, impresión e postimpresión, de artes gráficas, sendo a materia principal sobre a que se centran a maioría dos deseños e proxectos que coñecemos: libros, revistas, reprodución de obras gráficas como gravados e serigrafías, papeis pintados para interiores, packaging de envases e embalaxes… Esta situación levouno a investigar na fabricación de papel artesanal con diferentes fibras, como o liño, esparto, bambú, piñeiro, eucalipto, algodón, trapos, cartóns e papeis reciclados etc. O resultado do traballo desta investigación foi o poder fabricar os papeis que necesitaba a medida, coas fibras apropiadas e sen perder as propiedades que o traballo requiría, para a estampaxe de gravados e serigrafías. O que pretende con esta investigación é, partindo dos coñecementos da fabricación de papel convencional, aplicalos á elaboración de papel de uso alimenticio a partir das algas colleitadas Ulva spp, na zona marítima de Pontevedra, Galicia, por entender que este tipo de vexetais teñen unhas calidades organolépticas moi destacadas. Esta investigación abriu novas liñas de traballo, con novas materias primas como as verduras ou algas mariñas. Centrou a súa investigación na leituga de mar, nome científico Ulva spp., da Ría de Pontevedra, obtivo un produto que foi contrastado en catas e experiencias gastronómicas polos chefs e artistas contemporáneos. Unha investigación que agora se plasma na obra que publicamos.
Publicou connosco:
Outros idiomas: ES