Dicionario de amuletos galegos. Obxectos de poder da cultura popular

A presente obra, realizada dende unha perspectiva antropolóxica, ten por obxectivo inventariar e
documentar a rica panoplia de amuletos, talismáns e obxectos de poder que, con fins apotropaicos,
curativos ou favorecedores, foron, e son, usados na cultura popular galega. Ademais, esta escolma de obxectos fabulosos configura unha magnífica mostra do valioso patrimonio cultural inmaterial de Galicia e son, asemade, testemuño da cosmovisión do pobo galego.

Este dicionario tamén pretende dar conta da riqueza lingüística que rodea ao mundo das crenzas
máxico-relixiosas, recollendo as diferentes variantes dialectais e termos empregados en Galicia para
referirse a todos estes obxectos protectores e sandadores, así como ensalmos, oracións e esconxuros
exemplos, tamén, do poder da palabra e da riqueza da lingua.

Dicionario de amuleto galegos é o resultado dun profundo traballo de investigación etnográfica, de campo e bibliográfica, que o antropólogo Rafael Quintía vén levando a cabo nas dúas últimas décadas no
eido das crenzas máxico-relixiosas e da etnomedicina galegas e que agora ve a luz nesta obra formulada como eminentemente práctica, de consulta e divulgativa.

Título: Dicionario de amuletos galegos. Obxectos de poder da cultura popular

Autor: Rafael Quintía

Editorial: Ab Origine Edicións

Idioma: Gallego

Impresión: Cor

Tamaño: 23×16

Prezo: 25 €

286 páxinas

Ano: 2024

I.S.B.N 978-84-125410-7-6

Outros idiomas: ES