Neste traballo monográfico de corte etnográfica, o antropólogo Rafael Quintía achéganos unha completa investigación sobre un dos amuletos curativos máis sobranceiros da nosa cultura: a Pedra da pezoña, un talismán alexifármaco utilizado para o tratamento da pezoña, aireadas e outras doenzas. A pedra da pezoña, rodeada de mitos e crenzas, é un obxecto de poder documentado dende antigo e aínda vixente e activo na medicina popular de Galicia. Os datos recollidos neste libro son froito de case dúas décadas de investigación e traballo de campo no eido da etnomedicina galega.

Título: A Pedra da Pezoña. Un amuleto alexifármaco da tradición galega
Autor: Rafael Quintía Pereira
Editorial: Ab Origine Edicións
Idioma: Galego
Impresión: Cor
Tamaño: 21×15
Prezo: 18 €
142 páxinas
Año: 2025
I.S.B.N. 978-84-125410-8-3
Outros idiomas: ES