
Estudou Administración e Comercio e tamén Emerxencias Sanitarias e Atención a persoas en situación de dependencia. Cursou estudos en etnografía e traballo de campo, e en patrimonio inmaterial galego. Profesionalmente traballa no eido da Seguranza Privada.
Etnógrafa de vocación, dedica gran parte do seu tempo ao estudo do patrimonio etnográfico, antropolóxico e inmaterial, leva anos investigado nestes eidos, con especial dedicación ao patrimonio cultural vinculado á apicultura. Afección que combina coa escritura literaria, a pintura, o deporte e a fotografía etnográfica.
Autora da novela curta Cándida e coautora do relato Alén dos Alén, ambos publicados no libro Liñas compartidas (2019). Asemade publica artigos de investigación etnográfica na asociación Apatrigal e relatos curtos na revista Barbantia. Tamén ten publicados artigos en SAGA. Revista Dixital de Investigación da Sociedade Antropolóxica Galega. Foi gañadora do 2º premio no concurso de Microrrelatos en contra da violencia de xénero, do concello de Vimianzo (2020) e galardoada co 2º premio no certame literario Territorio Vákner para adultos, do concello de Dumbría (2022).
Publicó con nosotros:
Outros idiomas: ES