A Parroquia do Alén

Rafael Quintía

A Parroquia do Alén é un documental onde nos achegamos, cunha mirada etnográfica, aos diferentes aspectos que configuran a cultura da morte en Galicia. Unha película onde se fai un percorrido polas diferentes crenzas, tradicións e ritos que configuran a nosa particular forma de relacionarnos coa morte e cos defuntos. Un rigoroso percorrido antropolóxico por un dos aspectos máis salientables e identitarios da cultura e da sociedade tradicional galega: o seu particular xeito de relacionarse coa morte, de integrala na súa vida e a relación de axuda mutua que se establece entre a parroquia dos vivos e a parroquia dos defuntos. Un documental de AB ORIGINE. Antropoloxía, Produción e Xestión Cultural SLL realizado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22, da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

FICHA ARTÍSTICA/TÉCNICA:

TÍTULO: A Parroquia do Alén

TIPO: Documental

XÉNERO: Antropoloxía

DIRECCIÓN E GUIÓN: Rafael Quintía

REALIZACIÓN E EDICIÓN: Yosune Duo

PRODUCIÓN: Valentín G. Bóveda

PRODUTORA: AB ORIGINE. Antropoloxía, Produción e Xestión Cultural SLL

COLABORAN: Consellería de Cultura, Xunta de Galicia

ANO: 2021

DURACIÓN: 110 minutos prox.

ORIXE: Galicia

IDIOMA V. O.: Galego