Pola graza de Deus. A relixiosidade popular en Galicia

Rafael Quintía

Na presente obra o antropólogo Rafael Quintía fai un percorrido por algúns dos aspectos máis salientables de cantos configuran a relixiosidade popular galega. O culto aos santos ou ás reliquias, as romarías, o feito da peregrinación, a importancia dos santuarios, a función dos exvotos, as festas rituais do ciclo do ano, as crenzas sobre a morte e o Alén ou os cultos asociados ás pedras, ás augas, ás árbores e aos astros son algúns dos múltiples aspectos nos que se afonda neste traballo onde se achega unha rigorosa ollada sobre un dos elementos fundamentais da nosa cultura, do noso patrimonio inmaterial e, en definitiva, da cosmovisión do pobo galego.


Título: Pola graza de Deus. A relixiosidade popular en Galicia corpus mitolóxico galego

Autor: Rafael Quintía

Editorial: Ab Origine Edicións

Idioma: Galego

Impresión: color

Tamaño: 23×16

Prezo: 20€

292 páxinas

Ano: 2022

I.S.B.N. 978-84-125410-0-7


Outros idiomas: ES