Rafael Quintía
Brais é un rapaz coma calquera outro rapaz dunha aldea galega. As fins de semana adoita ir co gando a un lugar chamado “Outeiro das Mouras”. Era un lugar estraño, con penedos cheos de debuxos gravados…Quen serían esas mouras que lle daban nome ao lugar?
A poética narrativa de Rafael Quintía xunto as fermosas ilustracións de Miguel Peralta, fan deste un libro único, unha marabilla para os sentidos de nenos, nenas, vellos e vellas que queiran gozar da reconexión coa tradición oral e a mitoloxía galega.
Dende a fermosura narrativa da tradición oral, a colección “Os contos da Moura” busca xerar un novo espazo para a posta en valor da nosa mitoloxía, dos contos e lendas repartidos por todo o territorio galego.
“O desencantamento” é ademais unha co-edición realizada entre Ab Origine SLL e Miudiño S.Coop Galega, colaborando exclusivamente con empresas da economía social de Galicia, mostrando que a través da cooperación podemos conseguir resultados orixinais e de alto valor engadido. Desta volta, acompañados por Cestola na Cachola, Catro Ventos e Gráficas Anduriñ
Título: O Desencantamento. Unha historia de valor e decisión
Autor: Rafael Quintía
Ilustracións: Miguel Peralta, Cestola na Cachola S.Coop.Galega
Idea e coordinación editorial: Judit Santos
Editorial: Ab Origine Edicións + Miudiño S.Coop.Galega
Idioma: Galego
Impresión: color
Tamaño: 22×22,5
Prezo: 21 €
32 páxinas
Ano: 2022
I.S.B.N. 978-84-944758-5-6
Outros idiomas: ES