Por Rafael Quintía.
O país da Moura é un documental sobre a riqueza mitolóxica que atesoura Galicia centrado nas lendas que configuran o mito da Moura, o personaxe mitolóxico máis importante da nosa cultura e un dos elementos simbólicos do folclore galego. Todo isto mentres facemos un percorrido por diferentes lugares do noso territorio vinculados a estes mitos e cuxo valor natural, arqueolóxico, etnográfico ou cultura é signiticativo para entender e contextualizar os relatos orais recollidos neste audiovisual.
Título: O País das Moura
Tipo: Documental etnográfico
Guión e Dirección: Rafael Quintía
Realización e edición: Miguel Alonso Cambrón
Produción: Ab Origine
Colaboran: película realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.Xunta de Galicia
Ano: 2020
Duración: 143 minutos aprox.
Idioma VO: Galego