Por Rafael Quintía.
Neste conto, Rafael Quintía, unindo as diferentes modalidades de lendas de mouras recollidas por todo Galicia, reconstrúe o que podería ser un mito cosmogónico, o mito galego de creación. Coa argamasa da interpretación mitolóxica e algo de literatura e imaxinación naceu así este conto infantil ilustrado por Polo Correo do Vento e que conta, ademais, cun último apartado -Manual da Moura- con textos e fotografías nos que se intenta explicar o mito da Moura aos adultos.
Título: A Moura que creou o Mundo. O mito galego da creación
Autor: Rafael Quintía
Ilustracións: Polo Correo do Vento
Editorial: Ab Origine Edicións + Polo Correo do Vento
Idioma: Galego
Impresión: color
Tamaño: 21,5×22,5
Prezo: 15€
55 páxinas
Ano: 2020
I.S.B.N. 978-84-947844-8-4