
Publicado “O anticonto da Pedra do Cervo“, do noso colega historiador e antropólogo pontevedrés Buenaventura Aparicio Casado. Ninguén millor ca el para falar da súa temática:
“Un anticonto é un novo xénero literario, ata agora non recoñecido, pero todo andarase que non se tomou Zamora nunha hora. O anticonto vén sendo a antítese do conto, concibido este como unha ficción destinada aos pícaros, positiva, esperanzadora e cun final feliz.
Xa tiñamos un conto. Agora debería aparecer en escena a outra faceta que compoñe a miña traxectoria como autor: o cronista. Por que como non ía dar a miña versión do acaecido a un país que ía coma unha frecha e, sen mediar guerra, peste ou catástrofe natural de proporcións cósmicas, descendeu aos infernos da impudicia nunha crise nunca antes experimentada?”
Máis info aquí.