Terra e tesón. Historia do Museo Etnográfico Casa do Patrón

Rafael Quintía

Este documental recolle e dá a coñecer como se foi forxando, ao longo do tempo, o proxecto do Museo Etnográfico Casa do Patrón, cales foron as súas orixes dende o nacemento dunha idea ata converterse no museo de referencia no rural sobre a etnografía galega. No audiovisual, feito dende as directrices do cine etnográfico, dáse voz aos protagonistas desta aventura cultural e faise un percorrido polos diferentes episodios da súa historia e por aqueles proxectos máis destacables e significativos do labor que o museo vén desenvolvendo nas últimas décadas. Un documental de AB ORIGINE. Antropoloxía, Produción e Xestión Cultural SLL coa colaboración do Museo Etnográfico Casa do Patrón

FICHA ARTÍSTICA/TÉCNICA:

TÍTULO: Terra e tesón. Historia do Museo Etnográfico Casa do Patrón

TIPO: Documental

XÉNERO: Antropoloxía

DIRECCIÓN E GUIÓN: Rafael Quintía

REALIZACIÓN E EDICIÓN: Yosune Duo

PRODUCIÓN: Valentín G. Bóveda

COLABORAN: Xunta de Galicia

ANO: 2021

DURACIÓN: 87 minutos prox.

ORIXE: Galiza

IDIOMA V. O.: Galego