Segredos ao descuberto

Buenaventura Aparicio Casado e Antonio de la Peña

Os petróglifos, paseniñamente, están a ocupar o lugar que lles corresponde no eido do patrimonio galego. Pero aínda queda moita tarefa por diante. Entre outras cuestións, encetar unha metodoloxía etnoarqueolóxica na que a Antropoloxía desempeñe un papel determinante.

Este libro é a plasmación dun traballo de investigación sobre determinados aspectos das insculturas ignorados acotío no traballo de campo. Nel exponse e deféndese unha hipótese: que moitos dos complexos rupestres máis sobranceiros de Galicia chegaron ata os nosos días en razón dunha decisión intencionada dos canteiros, que evitaron a destrución dos gravados como consecuencia de profesar certas crenzas inseridas na cosmovisión popular.

O enigmático mundo dos buscadores de tesouros completa un estudo absolutamente novidoso na Europa atlántica que á tradicional visión arqueolóxica engade a antropolóxica.


Título: Segredos ao descuberto. Pegadas de canteiros e de buscadores de tesouros nos petróglifos galegos.
Autor: Buenaventura Aparicio Casado, Antonio de la Peña
Editorial: Ab Origine Edicións
Prezo: 18€
Impresión: branco e negro
Tamaño: 21×15
148 páxinas
Ano: 2017

Outros idiomas: ES