Etram e Ailux na Terra dos Mortos

Buenaventura Aparicio Casado


“Historia do encontro entre dúas civilizacións. Unha loanza á contribución da muller, á amizade e entendemento entre diferentes. Unha visión do tempo no que os seres humanos vivían irmandados coa natureza e dun futuro ancorado na esperanza.”

Nesta súa segunda obra de ficción, o historiador Buenaventura Aparicio Casado tece un transfondo entre o utópico e o ucrónico a partir dunha viaxe e dunhas persoaxes cuxa misión, alén da descoberta do medio e a divulgación das temáticas nas que é un erudito, non é outra que reflexionar sobre o mundo contemporáneo. Unha reflexión, como xa nos ten acostumados, velada, que cómpre ler entre liñas. Etram e Ailux na Terra dos Mortos é un conto con moitas lecturas. Un conto para nenos e nenas do que os adultos tamén poden extraer interesantes reflexións.


Título: Etram e Ailux na Terra dos Mortos
Autor texto: Buenaventura Aparicio Casado
Autora ilustracións: Pilar Castro Caamaño
Editorial: Ab Origine Edicións
Idioma: Galego
Impresión: cor
Tamaño: 21×21
Prezo: 15€
56 páxinas
Ano: 2019
I.S.B.N. 978-84-947844-5-3


Outros idiomas: ES