Zunzún

Grupo de investigación e experimentación en música drone

Drone é, por definición canónica, son continuado ao longo dun período de tempo determinado. A pesar de que a súa acepción contemporánea pode levarnos a pensar nestes vehículos non tripulados, xa sexa con fines lúdicos ou bélicos, o drone, o zunzún no seu análogo galego, é un fenómeno tan antigo como a humanidade mesma. Esta referencia da conta do proceso e resultados das dúas edicións do Obradoiro de investigación e experimentación en música drone que Miguel Alonso Cambrón impartiu no Espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña entre os anos 2016 e 2018. Inclúe tanto as gravacións das presentacións finais como un texto que sintetiza os contidos teóricos do obradoiro. Podese descargar gratuitamente no bandcamp de Ab Origine Edicións. O texto interior pode ser consultado na páxina do autor.


Título: Zunzún. Grupo de investigación e experimentación en música drone
Xénero: Drone, Experimental, Electroacústica
Idea e dirección artística: Miguel Alonso Cambrón
Produción: Normal, espazo de intervención cultural (UDC)
Interveñen:
José David Fernández Oviedo, Félix Fernández, Paula Pintos, Fran Negreira, Miguel Alonso García, Daniel Rodríguez López, José Lemur, Miguel Alonso Cambrón.
Deseño gráfico: Miguel Alonso Cambrón
Texto interior: Miguel Alonso Cambrón


Outros idiomas: ES