Plantas medicinais e remedios curativos da etnobotánica galega

O antropólogo Rafael Quintía e a profesora Pilar Silva combinan nesta obra os seus coñecementos etnográficos e fitoterapéuticos para ofrecernos un completo manual práctico de medicina herbolaria galega no que se dan a man a tradición e os coñecementos en fitoterapia máis recentes.

O presente libro afonda nos saberes etnobotánicos galegos e revisa e actualiza os coñecementos e usos tradicionais das plantas medicinais para crear un manual dos seus usos terapéuticos. “Plantas medicinais e remedios curativos” aborda de forma rigorosa todos os pasos para crear a túa propia botica herbal na casa. Unha auténtica guía para a identificación das plantas curativas, a súa recolección, secado e procesado, así como un completo receitario de remedios herbais clasificados por doenzas e un amplo catálogo de plantas medicinais de propiedades e usos terapéuticos cientificamente contrastados.

En definitiva, unha obra imprescindible para as persoas que queiran iniciarse no coñecemento e uso serio e eficaz das herbas medicinais en Galicia. Unha forma de reconectar cos saberes ancestrais na procura da saúde e do benestar a través dos dons da natureza.

.

Título: Plantas medicinais e remedios curativos da etnobotánica galega

Autores: Pilar Silva e Rafael Quintía

Editorial: Ab Origine Edicións

Idioma: Galego

Impresión: cor

Tamaño: 23×16

Prezo: 25 €

276 páxinas

Ano: 2025

I.S.B.N. 978-84-129111-3-8

Outros idiomas: ES