Lo que no vimos en los petroglifos gallegos. Nuevas lecturas desde la perspectiva antropológica y etnográfica

Buenaventura Aparicio Casado

O estudo e, en particular, a interpretación dos gravados rupestres galegos prehistóricos ao aire libre bota en falla, nos últimos tempos, novas achegas que supoñan unha corrente de aire fresco a un discurso repetitivo en demasía.

Este libro supón unha aposta decisiva pola apertura do obxectivo para incorporar á tradicional visión arqueolóxica dos petróglifos -que amosa claramente as súas limitacións- outros puntos de vista, outras lecturas -singularmente dende a perspectiva antropolóxica e etnográfica- coa intención de minimizar o reducionismo e mostrar unha visión máis ampla e multidisciplinar.

Cuestiona, en particular, a suposta inintelixibilidade dos nosos gravados rupestres -un aspecto exposto, case sempre, sen matices- que, ao noso xuízo, debería suscitar unha ampla discusión.

Os petróglifos galegos gardan celosamente moita información, o que xustifica a ineludible necesidade de velar pola súa protección e conservación. A súa perda faríanos máis pobres culturalmente.

Título: “LO QUE NO VIMOS EN LOS PETROGLIFOS GALLEGOS. Nuevas lecturas desde la perspectiva antropológica y etnográfica”.
Autor: Buenaventura Aparicio Casado
Editorial: Ab Origine Edicións
Prezo: 23 €
Impresión: color
Tamaño: 23×16
182 páxinas
Ano: 2021
I.S.B.N. 978-84-947844-9-1

Outros idiomas: ES