A Boreada das Mázcaras. Estudo histórico e antropolóxico dos Entroidos tradicionais de Xermade

“A Boreada das Mázcaras. Estudo histórico e antropolóxico dos Entroidos tradicionais de Xermade” é unha completa análise dos entroidos tradicionais deste concello da Terra Chá. O seu autor, o antropólogo Rafael Quintía Pereira, dedicou anos de investigación sobre o propio terreo para reunir os datos contidos nesta obra, analizando en profundidade a orixe e evolución dos ritos, personaxes e estruturas destes entroidos tradicionais chairegos. O presente traballo foi galardoado co “Premio de Investigación Xermade na Historia” 2019.