O país da Moura

Título: O País das Moura

Tipo: Documental etnográfico

Guión e Dirección: Rafael Quintía

Realización e edición: Miguel Alonso Cambrón

Produción: Ab Origine

Colaboran: película realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.Xunta de Galicia

Ano: 2020

Duración: 143 minutos aprox.

Idioma VO: Galego

Velaquí o trailer de ” O País das Moura “

“O país da Moura” é un documental sobre a riqueza mitolóxica que atesoura Galicia centrado nas lendas que configuran o mito da Moura, o personaxe mitolóxico máis importante da nosa cultura e un dos elementos simbólicos do folclore galego. Todo isto mentres facemos un percorrido por diferentes lugares do noso territorio vinculados a estes mitos e cuxo valor natural, arqueolóxico, etnográfico ou cultura é signiticativo para entender e contextualizar os relatos orais recollidos neste audiovisual.

SINOPSE DOS CAPÍTULOS:

CAPÍTULO 1. Que é unha Moura?

A moura é un ente complexo e con matices. Hai moitas formas distintas de concibila. Neste primeiro capítulo afondamos nelas.

CAPÍTULO 2. As xeografías do mito

Montañas, covas, penedos, ríos, fontes, lagoas, xacementos arqueolóxicos… son algunhas das paraxes naturais nas que, segundo as lendas, habitan as mouras. Visitamos algúns destes rincóns espallados por toda Galicia e escoitamos as historias propias de cada lugar.

CAPÍTULO 3. A construtora do mundo

Posuidoras dunha forza sobrehumana, dominadoras da meteoroloxía e dos elementos… estas son algunhas das calidades que a mitoloxía lles atribúe ás mouras. Estas serían artífices de túneles, castelos, megalitos, traslados de penedos xigantes e outras construcións que podemos visitar por Galicia adiante.

CAPÍTULO 4. A proba do desencanto

Segundo contan as lendas, as mouras, como seres encantados que son, poden ser desencantadas mediante diferentes rituais polos mozos humanos. Escoitamos algúns destes rituais e as historias que se divulgaron por diferentes recunchos de Galicia.

CAPÍTULO 5. Os tesouros da Moura

Todas as historias coinciden na riqueza, tesouros e obxectos de ouro que posúen as mouras. Soterrados baixo o chan, onde non puidesen ser roubados, estes tesouros foron procurados por máis dun galego guiado pola súa crenza na mitoloxía.

CAPÍTULO 6. A Moura e o Alén

Contan as lendas de diferentes lugares de Galicia que ao longo da historia, os humanos, guiados polas mouras, fixeron viaxes por mundos encantados nos que o tempo corría de xeito diferente.

CAPÍTULO 7. A Moura antropófaga

As mouras poden ser boas ou malas. Este último é o caso das mouras antropófagas, é dicir, que se alimentan de carne humana. Escoitamos neste capítulo varias historias que ligan a desaparición de humanos, especialmente de rapaces e rapazas, con este personaxe mitolóxico.

CAPÍTULO 8. A Moura serea

Como tamén habitan ríos, lagoas e mares, as mouras poden ser sereas. Ambas as dúas figuras míticas, Moura e serea, danse a man en moito dos noso relatos orais. Vinculadas a este tipo de Moura existen diferentes lendas que podemos escoitar nos relatos recollidos neste capítulo.

CAPÍTULO 9. A cristianización do mito

Coa chegada do cristianismo, moitos atributos, escenografías e xeografías da moura foron asimiladas pola Virxe e as santas.

CAPÍTULO 10. San Xoán, mouras e bruxas

Unha das lendas máis estendidas e tamén máis escuras sobre as mouras ten que ver coa noite de San Xoan e coas meigas. Ás veces, as mouras, a Vella e as bruxas mestúranse no imaxinario popular.

CAPÍTULO 11. O valor do mito

Todos os relatos escoitados nos capítulos anteriores e tamén aqueles que quedaron por contar configuran o mito da Moura en si. A mitoloxía