Heichas contar

O noso colaborador Rafael Quintía presenta o seu novo libro “Heichas contar. Contribución ao corpus mitolóxico galego”. Trátase dun compendio de 175 lendas recollidas polo antropólogo ao longo de quince anos de traballo de campo por Galicia. Unha escolma de material mitolóxico que servirá para engrosar aínda máis o valioso fardel da nosa literatura oral.

A obra pretende dar voz e renderlle unha homenaxe a todos aqueles homes e a todas aquelas mulleres que tiveron a ben compartir co autor os seus saberes, as súas historias e o seu patrimonio oral ao longo destes anos de investigación ao redor do patrimonio inmaterial galego.

Toda a información aquí.