Hakenkreuz, Gammadion, Swastika

“Os signos, e as súas culminacións significantes, os símbolos, son resposta ás nosas inquedanzas e, á súa vez, o xérmolo de novas preguntas. Cando uns e outros aparecen perante nós ou insinúanse no noso pensamento, maniféstanse sentidos que antes non estaban e esvaecen aqueles que criamos seguros e definitivos.”

Neste libro, o antropólogo José Luis Cardero, adéntranos no mundo dos símbolos, amosándonos a ampla variedade que se agocha tras este tipo de representacións e asociándoos tanto a interpretacións populares como a outras de carácter especializado.

A través dunha análise pormenorizada no que se entretecen mitos e símbolos, o autor explora as connotacións históricas e contemporáneas dunha tradición simbólica que transcende a calqueira especificidade cultural e que afonda nas orixes mesmas da humanidade.

Toda a información aquí.