Madamas e galáns

“Madamas e galáns. Historia do entroido de Cobres” é un documental de longa duración no que se recolle e se dá a coñecer a riqueza do Entroido tradicional de Cobres, ao tempo que se fai un percorrido pola súa historia e polos aspectos e elementos culturais máis significativos, incluídos aqueles que xa están desaparecidos

O documental foi promovido e financiado pola Asociación Cultural Cobres-Vilaboa e realizado por Ab Origine. Contou co finanzamento da Deputación Provincial de Pontevedra e do Concello de Vilaboa. Formou parte do equipo de realización o etnógrafo Xosé Anxo Rosales, autor do traballo “As Madamas e o sacrificio do galo. O Entruido do concello de Vila-Boa do Morrazo” e membro da Sociedade Antropolóxica Galega.

.

Título: Madamas e galáns. Historia do entroido de Cobres
Tipo: Documental etnográfico
Dirección: Rafael Quintía
Guión: Rafael Quintía e Xosé Anxo Rosales
Realización e edición: Miguel Alonso Cambrón
Gravación: João Bieites, Rafael Quintía e Miguel Alonso Cambrón
Produción: Ab Origine e Asociación Cultural Cobres-Vilaboa
Colaboran: Deputación Provincial de Pontevedra, Concello de Vilaboa e a Sociedade Antropolóxica Galega
Prezo: 10€
Ano: 2016
Duración: 98 minutos aprox.
Idioma VO: Galego

Outros idiomas: ES