Comba e Buxo

“Comba. Coñece a nosa Historia” é un proxecto audiovisual de animación 3D dirixido principalmente ao público infantil e familiar. Os cativos terán a oportunidade de facer un percorrido polos lugares históricos e monumentais máis significativos de Cerdedo-Cotobade acompañando a Comba e o canciño Buxo, dando a coñecer o patrimonio histórico, arqueolóxico e paisaxístico, así como o seu patrimonio inmaterial.

Título: Comba e Buxo descobren Galiza: O concello de Cerdedo-Cotobade
Xénero: Infantil, Animación, Ficción histórica
Dirección e guión: Rodrigo Cota
Dirección artística e realización 3D: Jorge Costas
Montaxe: Miguel Alonso Cambrón
Documentación: Rafael Quintía
Produción: Ab Origine
Colabora: Concello de Cerdedo-Cotobade
Ano: 2018
Duración: 8.30 minutos aprox.
Idioma VO: Galego

Outros idiomas: ES