Nós

Ab Origine é unha empresa de economía social que ofrece servizos integrais en antropoloxía, produción e xestión cultural. O noso equipo conta cunha dilatada e contrastada experiencia nos eidos da investigación antropolóxica, etnográfica e histórica, na formación e divulgación, na posta en valor do patrimonio, na creación e xestión de contidos e produtos culturais, e no traballo con entidades de carácter social e cultural.

Dende o inicio Ab Origine tivo sempre como obxectivo fundacional non só adicarse a cuestións relacionadas coa investigación e a xestión no eido das culturas e sociedades senón tamén apostar pola divulgación, a posta en valor e o deseño de contidos culturais. Deste xeito, o seguinte paso lóxico tras a fundación foi abrir unha vía editorial para dar saída e voz propia á multitude de xentes, materiais e proxectos que pasan polas nosas mans e que se centran nos campos da antropoloxía, a etnografía, a historia e a arqueoloxía.

Así nace Ab Origine Edicións, o noso selo editorial onde, ademais de edición e publicación, ofrecemos servizos de redacción, correción, deseño e maquetación. Ademais de todo isto, realizamos tamén traballos de produción audiovisual, documentais de longa duración, curtametraxes, vídeos ou animación en 3D. Sempre co fío condutor da antropoloxía, a historia e a posta en valor do patrimonio.

Para calqueira pedido ou consulta podes escribirnos un correo electrónico a info@aborigine.es ou ben achegarte pola nosa oficina na rúa San Roque, nº4. en Pontevedra.