Miguel Alonso

Miguel Alonso Cambrón (Barcelona, 1975) é antropólogo, músico e realizador audiovisual. Traballa con temáticas relacionadas co son, a cidade e o urbano, as prácticas e culturas da escoita, os fenómenos de aculturación ligados á cultura de masas, e experimenta coa cinematografía e a documentación audiovisual das intervencións etnográficas. Provinte do mundo da autoedición, dende finais do século pasado publicou un feixe de referencias discográficas, artigos e creacións audiovisuais. Relacionado asemesmo coa docencia e a posta en valor do patrimonio inmaterial, impartiu cursos e obradoiros en universidades, centros de investigación, mostras de cinema e centros sociais da xeografía peninsular. É cofundador e socio da empresa de economía social Ab Origine. Antropoloxía, produción e xestión cultural e membro da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA).

Publicou connosco

Outros idiomas: ES