José Luis Cardero

Jose Luis Cardero López (Lugo, 1946) é doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidad Complutense de Madrid. Especialista en Antropoloxía Social e Cultural, é asimesmo doutor pola Universidad Complutense de Madrid no programa do Instituto Universitario de Ciencias de las Religiones. Está especializado en investigacións sobre hermenéutica antropolóxica en relación coas crenzas e a súa influencia política, económica e social. Aparte do seu traballo académico é colaborador de revistas como ILU (Instituto de Ciencias de las Religiones), Año/Cero e Más Allá de la Ciencia e de programas como Cuarto Milenio (Cuatro TV) e Espacio en Blanco (Radio Nacional de España). É autor dunha decena de libros, entre eles “Monstruos, Muertos y Dioses Oscuros”, “Ejércitos de muertos y Viajes al Otro Mundo”, “Lo Paradójico y lo Sagrado. Cabezas, Máscaras y Dioses”, “El Sol Negro”, “Cincuenta enigmas de la prehistoria” e “Los dioses oscuros del nazismo”.

Publicou connosco:

Outros idiomas: ES