Antonio de la Peña

Antonio de la Peña Santos é arqueólogo. A súa actividade investigadora diríxese con preferencia cara á Idade do Bronce, á arte rupestre, ao mundo castrexo e ás orixes da cidade de Pontevedra. Desempeña o cargo de Conservador dos Fondos Arqueolóxicos do Museo Provincial de Pontevedra. Participou en máis dun cento de congresos e reunións científicas da súa especialidade e en numerosas escavacións arqueolóxicas, dirixindo 23 campañas en 26 xacementos, entre eles os asentamentos de Lavapés, Torroso, Santa Tegra e a ponte do Burgo. Tamén localizou, catalogou e levantou calcos de máis de medio milleiro de complexos da arte rupestre galaica. É membro de varias institucións culturais e do consello de redacción de varias publicacións periódicas de tema arqueolóxico e histórico. Académico correspondente da Reial Académia Catalana de Belles Arts. Premio Turoqua no 2003 e Cidade de Pontevedra no 2004. Leva pronunciadas máis de catrocentas conferencias e publicados vinteseis libros e máis de douscentos oitenta artigos en publicacións de tema arqueolóxico.

Publicou connosco:

Outros idiomas: ES