Arctic Fever

Publicamos “Arctic Fever. Unha viaxe á natureza de Groenlandia e ás raíces culturais do pobo Inuit”, de Miguel Ángel Álvarez Fernández.

Co gallo da súa visita a Groenlandia no ano 2017, o autor fai un completo repaso polos valores máis recoñecibles da antiga cultura inuit (as súas crenzas e rica tradición oral, a súa exclusiva cultura material, idioma, valores sociais…). Noutra parte do libro o protagonismo é para a súa experiencia traballando na illa cunha empresa de aventuras española e, sobre todo, para as dúas marabillosas viaxes en kaiak pola inhóspita costa groenlandesa.

O contido do libro complétase con capítulos sobre a figura de Knud Rasmussen, o Arctic Circle Trail, consellos para viaxar polo país, o futuro da illa… Especial relevancia haille que dar ao capítulo dedicado ao cambio climático, principal ameaza que se cingue sobre esta extraordinaria illa.

Toda a información aquí.